amarasmiñaterra.txt Falando e falando, xa sabes de min, que veño de lonxe, o mesmo que ti, que cando o meu cuarto xa queda pequeno, pechando meus ollos, nos soños esperto por verdes paisaxes xunto a un mar azul. Quixera traelos aquí xunto a ti para que poideses comigo sentir, sentir a humidade que hai baixo das follas, e ver que tamén ti namoraste e soñas con non sair nunca de alí... Se me queres a min, amarás miña terra. Xa virás algún día ver onde eu nacín. Se desexas amor, e as miñas caricias, voarás ó meu lado e amarás ti tamén a miña Galicia. Falando e falando, queroche contar, que eu me imaxino podendo voar, e como nun conto, bogando nos ríos... teu mundo e o meu mundo, por sempre fundidos e xuntos de novo soñar. Se me queres a min, amarás miña terra. Xa virás algún día ver onde eu nacín. Se desexas amor, e as miñas caricias, voarás ó meu lado e amarás ti tamén a miña Galicia.